Suxestións e menú do día para o 12 de xullo

Cigala da ría cocida

Cigala da ría cocida

Todos os días completamos a nosa carta, con variadas suxestións elaboradas segundo a oferta dos mercados de proximidade e a súa disponibilidade, sempre produtos de calidade e de temporada. Hoxe na foto mostrámosvos estas Cigalas da ría cocidas [15€], procedentes da Costa da Morte e apañadas polo  barco Lameigo, produto fresco chegado desde o mercado de abastos de Santiago.

Os días laborábeis elaboramos un menú do día que por [12 €] permite escoller entre dous pratos de ENTRADA e outros dous como PRATO PRINCIPAL, sempre acompañados de deliciosas SOBREMESAS. No prezo vai incluída tamén a BEBIDA -viño, cervexa, refresco ou auga- e o CAFÉ.

A seguir podedes consultar ambas propostas para hoxe:

.

SUXESTIÓNS DE HOXE:
[Produtos estacionais e do mercado]
///
Cigala da ría cocida (250gr) [15€]
Salpicón de cigala e centola [16€]
Tomate do Salnés con queixo do País con aceite de oliva virxen extra e ourego [16€]
Anchoas do Cantábrico de elaboración artesana [1.20€/ud]
Pementos de Herbón [5€]
Xoubiña de Rianxo con pataca nova [8€]
Lagostíns crocantes [8€]
Robaliza salvaxe á brasa [18€]
Linguado á prancha [16€]
Arroz con peixe-sapo e lagostíns (p/2 persoas) [28€]
Tacos de vitela salteados con patacas novas cocidas [15€]
Tacos de vacún maior con patacas fritas e tomate grellado[18€]
Chuletón de vitela (600 grs) con patacas fritas e verduras salteadas [18€]
///

MENÚ DO DÍA [12 €]
[só ao xantar]

ENTRADA
Ovos á rusa
ou
Salada mixta
///
PRATO PRINCIPAL
Bacallaus rebozados con pataca cocida
ou
Vienesa de porco con pataca frita
///
SOBREMESA
Iogurte ecolóxico con ananás
///
BEBIDA
///
CAFÉ
///

MEDIO MENÚ:
Entrada+Sobremesa+Bebida e Café [7 €]
Prato Principal+Sobremesa+Bebida e Café [9 €]

OU SE PREFERES CONSULTA AQUÍ A NOSA CARTA COMPLETA