Suxestións e menú do día para o 3 de outubro

Fabas frescas guisadas con polbo e ameixas [12€]

Fabas frescas guisadas con polbo e ameixas [12€]

Con este tempo o corpo pide cousiñas quentes e da cociña da Nave xa saen propostas de outono moi apetecíbeis como estas Fabas frescas guisadas con polbo e ameixas [12€] que misturan sabores de mar e terra e chegados do mercado de abastos de Compostela. Unha das propostas incluídas nas nosas suxestións que preparamos todos os días para completar a nosa carta con pratos que combinan os mellores produtos da nosa terra.

Agora tamén incluímos unha selección de viños da nosa adega que vos recomendamos especialmente. Entre os brancos destacamos un branco de Monterrei moi especial como é o Couto Mixto e tamén un gran Ribeiro como o Casal de Paula. E se o que vos apetece é un tinto a nosa suxestión pasa por tres propostas diferentes, Proencia da Ribeira Sacra, Pittacum do Bierzo ou Valserrano da Rioja.

Os días laborábeis preparamos tamén un menú do día que por [12 €] permite escoller entre dous pratos de ENTRADA e outros dous como PRATO PRINCIPAL, sempre acompañados de deliciosas SOBREMESAS. No prezo e vai incluída tamén a BEBIDA -viño, cervexa, refresco ou auga- e o CAFÉ.

A seguir podedes consultar todas estas nosas propostas para hoxe:

SUXESTIÓNS DE HOXE:

[Produtos estacionais e do mercado]

Empanada de millo con xouba de Rianxo [7€]
Xouba de Rianxo á prancha [8€]
Berberechos ao vapor [6€]
Navallas de Muros á prancha con aceite de oliva virxen extra [11€]
Fabas frescas guisadas con polbo e ameixas [12€]
Robaliza á brasa con pataca cocida e salada [18€]
Linguado à prancha con tomate grellado [17€]
Tacos de vitela galega con pataca cocida salteada na tixola [15€]

///
SUXESTIÓNS DE ADEGA
BRANCOS

Casal de Paula, D.O. Ribeiro [14€]
65% treixadura, 15% torrontés, 10% albariño, 10% godello.

Couto Mixto, D.O. Monterrei [13€]
Dona Branca, Verdelho e formosa

TINTOS

Proencia. D.O. Ribeira Sacra. – Subzona de Amadi [13€]
100 % Mencía

Valserrano. Crianza. D.O. Rioja [16€]
90 % Tempranillo e 10% mazuelo

Pittacum. D.O. Bierzo [15€]
100 % Mencía

///

MENÚ DO DÍA [12 €]

[só ao xantar]

ENTRADA
Lentellas de verduras
ou
Salada Cesar
///
PRATO PRINCIPAL
Filete vienés con pataca frita
ou
Chinchos fritos con ensalada e pataca cocida
///
SOBREMESA
Torta de queixo
///
BEBIDA
///
CAFÉ
///

MEDIO MENÚ:
Entrada+Sobremesa+Bebida e Café [7 €]
Prato Principal+Sobremesa+Bebida e Café [9 €]

OU SE PREFERIDES PODEDES CONSULTAR AQUÍ A NOSA CARTA COMPLETA