Suxestións e menú do día para o 2 de outubro

Xoubas de Rianxo

Xoubas de Rianxo

Últimas xoubas da temporada que nos acompañan por partida dobre, nas suxestións e no menú do día. Ou para desfrutar á prancha, ou se vos apetecen fileteadas e enfariñadas en garavanzo.

Agora tamén incluímos unha selección de viños da nosa adega que vos recomendamos especialmente. Entre os brancos destacamos un branco de Monterrei moi especial como é o Couto Mixto e tamén un gran Ribeiro como o Casal de Paula. E se o que vos apetece é un tinto a nosa suxestión pasa por outras tres propostas diferentes, Proencia da Ribeira Sacra, Pittacum do Bierzo ou Valserrano da Rioja.

Todos os días laborábeis elaboramos un menú do día que por [12 €] permite escoller entre dous pratos de ENTRADA, e outros dous como PRATO PRINCIPAL, sempre acompañados de deliciosas SOBREMESAS. No prezo e vai incluída tamén a BEBIDA -viño, cervexa, refresco ou auga- e o CAFÉ.

A seguir podedes consultar todas estas nosas propostas para hoxe:

 

SUXESTIÓNS DE HOXE:

[Produtos estacionais e do mercado]
///

Xouba de Rianxo á prancha [8€]
Berberechos ao vapor [6€]
Navallas de Muros á prancha con aceite de oliva virxen extra [11€]
Fabas frescas guisadas con polbo e ameixas [12 €]
Abadeixo á prancha con verduras grelladas [14€]
Linguado á prancha con tomate grellado [17€]
Tacos de vitela galega con pataca cocida salteada na tixola [15€]

SUXESTIÓNS DE ADEGA
BRANCOS

Casal de Paula, D.O. Ribeiro [14€]
65% treixadura, 15% torrontés, 10% albariño, 10% godello.

Couto Mixto, D.O. Monterrei [13€]
Dona Branca, Verdelho e formosa

TINTOS

Proencia. D.O. Ribeira Sacra. – Subzona de Amadi [13€]
100 % Mencía

Valserrano. Crianza. D.O. Rioja [16€]
90 % Tempranillo e 10% mazuelo

Pittacum. D.O. Bierzo [15€]
100 % Mencía

///

MENÚ DO DÍA [12 €]

[só ao xantar]

ENTRADA
Berenxena rechea de pescada
ou
Tosta de cebola caramelizada , bacon e queixo
///
PRATO PRINCIPAL
Coxoto de polo ao forno con pataca frita
ou
Filetes de xouba enfariñados en garavanzo
///
SOBREMESA
Pudin de Nave
///
BEBIDA
///
CAFÉ
///

MEDIO MENÚ:
Entrada+Sobremesa+Bebida e Café [7 €]
Prato Principal+Sobremesa+Bebida e Café [9 €]

OU SE PREFERIDES PODEDES CONSULTAR AQUÍ A NOSA CARTA COMPLETA