Venres e sábado de derbis futboleiros

Venres e sábado de derbis futboleiros

Aínda ben non acabou unha xornada de liga e xa estamos con outra novamente, e desta volta cos partidos do #formatocinema en venres e sábado!! E ademais con dobre derbi, o barceloni en venres e un dos derbis madrileños no sábado, día que acabaremos animando ao Celta para ver ser repite con unha nova victoria a súa terceira visita a terras andaluzas desta temporada.

Comezamos en día pouco habitual, o venres o Espanyol visita o Camp Nou coa esperanza de arrebatarlle algún punto a un Barça que máis un ano está a mostrarse intratábel no seu feudo -e fora del tamén- será a partir das 21:00 h. Xa no sábado comezamos con un dos derbis madrileños, neste caso entre Rayo Vallecano e Real Madrid. A equipa máis modesta da capital española recibe aos seu todopoderoso veciño coa esperanza de ser capaz de resistir frente a uns merengues que chegan en racha golegadora, a partir das 20:00 h. E inmediatamente despois, ás 22:00h, o Celta visita novamente terras andaluzas, onde ten conseguido os seus mellores resultados -e únicas vitorias ligueiras- desta temporada. Unha visita ao Sánchez Pizjuán para enfrentarse a un Sevilla que chega recén goleado e que pode ser unha nova vitima da efectividade a domicilio dos celestes.1e2novembro