O pase a oitavos da Champions xogase en Vidán

O pase a oitavos da Champions xogase en Vidán

Nova xornada de Champions e volta o fútbol entre semana á pantalla grande de Vidán, dúas emocionantes xornadas de Champions nas que tanto o Real Madrid como o Barcelona poderían fechar o seu pase á fase de eliminatorias do torneo europeo.

Comezamos o martes día 5, a partir das 20:45 , coa visita do Real Madrid ao estadio da Vechia Signora, un Madrid moito mais contundente na competición continental que na liga pode conseguir o pase de xeito matemático se consegue vencer frente a unha Juventus que tampouco convence nen na competeción doméstica nen en Europa.

E o mércores 6, tamén ás 20:45 h, será a vez do Barça que recibe no Camp Nou a un Milan en plena crise despois dos seus malos resultados ligueiros. Os blaugranas poderían deixar o seu pase á seguinte ronda case solucionado, mais non o terán fácil frente a un rival sempre incómodo.

champions5e6denovembro