Maratón de fútbol no sábado de tarde

Maratón de fútbol no sábado de tarde

O próximo sábado 23 teremos unha tarde ben completa de fútbol no formato cinema de Vidán, toda a emoción concentrada na xornada sabatina. Comezamos xa ás 16:00 h. coa visita do Granada ao feudo blaugrana co obxectivo case imposíbel de ‘arrancar’ algún punto de unha fortaleza na que o Barça está a mostrarse intratábel nun ano máis. Inmediantamente despois, xa ás 18:00 h o Celta ten unha visita complicada en Anoeta, onde se encontrará con unha Real Sociedad que vai de menos a máis na liga, veremos se os celestes son capaces de manter a súa racha fora da casa para compensar as malas actuacións en Balaídos. E de prato final a visita do Real Madrid a Almería a partir das 20:00 h, un campo sempre difícil onde os merengues non poden fallar se queren manterse na estela do lider. Moitas hora de fútbol e emoción aseguradas!!!!

23novembro