Liga no medio da semana, martes e mércores

Liga no medio da semana, martes e mércores

Martes, 29: Celta vs Barça

Mércores, 30: Real Madrid vs Sevilla

Aínda co sabor dos últimos enfrentamentos de liga na boca, chega unha nova xornada no medio da semana e na que teremos enfrentamentos espectaculares e moi interesantes. Comezamos o martes 29, ás 22:00 h. coa visita do líder, e aínda imbatido, a Balaídos. O Celta terá a oportunidade de demostrar que o de Málaga non foi flor dun día, nada máis e nada menos, que diante dun todopoderoso Barça que chega recén reforzado despois ter imposto ao eterno rival no primeiro duelo da temporada.

Xa ao día seguinte, mércores 30, e á mesma hora, tamén ás 22:00 h, será a vez dos homes de Ancelotti que reciben no Bernabeu a un Sevilla que porá a proba a capacidade de recuperación dun Real Madrid que non pode permitirse máis erros se quere continua aspirando ao título de liga.

Ambos enfrentamentos podermos desfrutálos no formato cinema de Vidán, por todo o grande.

lfp29e30outubro