Fútbol e… baloncesto de fin de semana.

Fútbol e… baloncesto de fin de semana.

Fin de semana intenso no deportivo para vivir por todo o grande desde o formato cinema de Vidán. Comezamos, logo, o sábado xa ás 16:00 h. coa visita da Real Sociedad ao Bernabeu para enfrentarse ao Real Madrid. Os donostiarras tentaran confirmar a súa melloría na liga diante dunha equipa local que non pode cometer erros na casa senón quer perder o ritmo da parte alta da tabela.

O mesmo sábado, mais ás 20:00 h. volta o baloncesto ao formato grande da Nave, o Obra visita unha das canchas con máis historia de toda a ACB nun enfrentamento co Joventut de Badalona no que ambas escuadras procurarán a súa segunda victoria na liga. E acabaremos animando o Celta, na tv de 60′ no BAR-CAFÉ no seu enfrentamento co Rayo, a partir das 22:00 h, onde procurará os seus primeiros tres puntos en Balaídos.

E acabamos a xornada o domingo coa visita do líder da LFP, o Barça, ao Benito Villamarín para enfrentarse a un Betis que está de horas altas en Europa. Será a partir das 21:00 h e tamén no formato cinema.

 

9e10novembro