Gústame o galego… e que veñas tirar unha foto a Vidán

Gústame o galego… e que veñas tirar unha foto a Vidán

Gustache…, que chedigan “qrt m8”?, …que nos pubs poñan música en galego?, …que non che traduzan o café con leite?

Na Nave tamén nos gusta todo isto e por iso o sábado 2 de marzo colaboraremos na campaña da CTNL (Coordenadora de Trabalhadores pola Normalización Lingüística) “Gústame o galego”, que estará en Vidán de 11.30 h a 14.30 h.

Achegate a tomar o almorzo, o vermú ou a xantar á Nave e participa. Tirarémosche unha foto coa frase que ti prefiras e levarás unha chapa de agasallo.

Mira como é a cousa en www.gustame.gl, anímate a dicir #gustameogalego e comparte o noso evento no Facebook.