Venres 15: Magosto de Vidán

Magosto de Vidán

Magosto de Vidán

Continuando co ciclo de festas populares, e despois do éxito da sardiñada de San Xoán, os locais de hostelaría de Vidán voltan organizar conxuntamente unha celebración, desta volta é a vez do magosto e das castañas.

A partir das 20:30 h. no Esquina, no Casimiro, no Luna e na Nave teremos castañas e pan con chourizo para todos, ademais a festa estará garantizada co grupo Gharatuxa de Compostela que nos porá a bailar a todas e todos