Sabado 13, campionato de Chave: homenaxe a Conoto e Lelo

Campionato de Chave na Nave

Campionato de Chave na Nave

Este fin de semana celebraremos o segundo campionato de chave na Nave, se o ano pasado era a vez de lembrar a Cacholo desta volta será a vez de homenaxear a dous grande mestres de mestres como foron ‘Conoto’ e ‘Lelo’.

Xogaremos no estacionamento da nave e por parellas, a inscrición pecharase ás 17h, sendo Antonio Vázquez ‘Rocha’ o xuiz e responsábel técnico de todo o evento. Haberá trofeos para as catro parellas finalistas