28 de febreiro, entroido en Vidán co ‘Cé orquestra pantasma’

Cé orquestra pantasma o 28 de febreiro en Vidán

Cé orquestra pantasma o 28 de febreiro en Vidán

Os locais de hostalaría do barrio de Vidán, voltan organizar conxuntamente máis unha celebración do ciclo de festas populares galegas. Se en xuño foi a vez do San Xoán e a sardiñada e en novembro tocoulle ao magosto e as castañas, agora en febreiro será o tempo do entroido e as filloas. O venres 28 de febreiro, a partir das 19:30h moita festa e moita diversión en todo o barrio, o Café-Bar Esquina, o Café-Bar Casimiro, a Cafetería Luna e A Nave de Vidán convidanvos a todas e todos a filloas e cacheira e a desfrutar do espectáculo do home-orquestra Cé orquestra pantasma.

Baixo Cé orquestra pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodicacta e apaixoado dos instrumentos musicais. Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou banda de punk Oxtiax ke te Pariu.

Todo um espectáculo para non perder.