Uñas de San Lázaro 2018

Na Nave queremos participar das celebracións da Festa da Uña, tradicional do barrio de San Lázaro mais que durante os días de festa ten longa tradición de celebración por moitos restaurantes de toda a cidade.

As orixes da festa teñen relación coa Semana Santa e por iso varía de data de un ano para outro. O quinto domingo da Coresma, tamén coñecido como domingo de Lázaro e seguido do luns de Lázaro, día central da festa e no que se realiza a tradicional subasta de uñas en San Lázaro.