Suxestións e menú do día 20 de abril de 2019

Na fin de semana e feriados, tanto ao xantar como á cea, elaboramos un menú con distintas opcións que inclúen productos de mercado e temporada, por [19€] permite escoller entre varias pratos de ENTRADA e varias opcións tamén como PRATO PRINCIPAL, sempre acompañados da deliciosa SOBREMESA que ofertamos como peche. No prezo  vai incluída tamén a BEBIDA -viño, cervexa, refresco ou auga- e o CAFÉ . Para quen gosta de só comer un prato e sobremesa tamén temos unha opción que incluíría unha entrada con todo o demáis por [11€] ou un prato principal con sobremesa, bebida e café por [16€]

SUXESTIÓNS

(produtos de temporada e dos mercados de proximidade)

[do mar]

Percebes de Aguiño (150gr) [13 €]

Cigalas da ría (300gr) [17 €]

Linguado salvaxe á prancha [20€]

Robaliza da ría grellada na prancha  con aceite de allo e limón [ 16 €]

Arroz con peixe sapo e langostíns (min 2 pax) [ 14 €/pax]

[da terra]

Chícharos da Ulla con xamón ibérico e ovo [11 €]

Paleta de año leitón castellano asada no forno [18 €]

Chuletillas de año leitón castellano á prancha [14 €]

Lacón con grelos, pataca e chourizo [13 €]

 

——————————-

MENÚ FIN DE SEMANA  [19€]

[só ao xantar]

MEDIO MENÚ

 (1º prato) [11 €] (2º prato) [16 €]

ENTRADA

Empanada de zamburiñas con masa de millo

Ensalada variada de follas con ananás, queixo fresco e vinagreta de mel

Tortilla de ovo con espinacas frescas e queixo

///

PRINCIPAL

Linguado salvaxe á prancha

ou

Pescada do pincho á romana con ensalada

ou

Año leitón castellano ao forno con ensalada

ou

Solombo de porco á brasa con pataca frita

///

SOBREMESA

Cañas fritas do Carballiño con crema pateleira

///

BEBIDA

Viño, cervexa, refresco ou auga

CAFÉ

Expreso ou de pota

OU SE PREFERIDES PODEDES CONSULTAR AQUÍ A NOSA CARTA COMPLETA