Presentación do libro “O penalti de Djukic”

o penalit de Djukic

Presentación do libro “O penalti de Djukic”de Carlos Taibo o próximo Martes 13 de Decembro, ás 20.15 na Nave de Vidán. Estarán na presentación o escritor e politólogo Carlos Taibo, o directivo do Santiago Futsal Federico Pérez e Jacobo Ucha, miembro da “Peña Deportivista de Santiago”

O penalti de Djukic, editado por Através Editora

Dous profesores, un lisboeta e outro galego-madrileño, afeccionados polo mesmo equipo: o Deportivo da Coruña. Pola súa correspondencia virtual repasan a historia do Deportivo, a condición dos seus afeccionados, as glorias e as miserias do club, a propia cidade da Coruña, a rivalidade co Celta ben como o fútbol na súa versión máis tranquila e sociable. Este libro é, antes de nada, un texto amable no que non falta o humor e a ironía.

CARLOS TAIBO

Profesor de Ciencia Política na Universidad Autónoma de Madrid, onde dirixiu no pasado o programa de estudos rusos. Traballou durante anos en cuestións vinculadas coas relacións internacionais e publicou monografias sobre a globalización, a hexemonía dos Estados Unidos, os movementos de resistencia ou o decrecemento.