Data Beers GLZ

Estás interesado en coñecer como os datos están a cambiar a nosa economía e a sociedade?. Usas a análise de datos na túa actividade profesional? Participaches nalgún proxecto onde o uso dos datos fose relevante? E por último, gústache a cervexa?

Se che obsesionan os datos e queres discutir sobre estes temas nun ambiente informal e con persoas e historias interesantes, tes un novo punto de encontro en Galiza.

DataBeers Galiza non existiría sen a inspiración e axuda dos nosos amigos en Madrid e o apoio do resto de localizacións: Madrid, Barcelona, Euskadi, Valencia, Castela e León, Málaga, Londres, Turín, Venecia, Toscana, Medellín e Buenos Aires.

Organizado por @davidalayon, @moquintana, @antoniofraga, @natividad_mb e @crisgamat

Agora si que Databeers Galiza cobra sentido, porque a nosa seguinte cita será noutra cidade galega: Santiago de Compostela. Esperámosvos a todos o 18 de maio ás 19:30 na Nave de Vidán, onde gozaremos dunha ración de datos acompañados dunha refrescante cervexa.

Estamos a ultimar os detalles, así que atenta/o durante os próximos días. Iso si, xa podes conseguir a túa entrada, así que non a deixes escapar 👉 AQUÍ.

Non esquezas difundir a mensaxe, cantos máis #datalovers sexamos mellor! Esperámoste. #welovedata