CARTA DE TÉ E INFUSIÓNS PREMIUM
TÉ PREMIUM
1.80 € +0.20 (restaurante/terraza)
TÉ VERMELLO
Pu-erh
O té vermello Pu-erh faise con grandes follas de té nun proceso similar ao do té verde pero déixase envellecer durante varios anos, como se fai co viño. O Pu-erh é un té moi exclusivo cun sabor único.
Contén teína. Repouso 4 min
TÉ AZUL
Té azul con pexego
Té de fermentación media, de especial elaboración e incribles sensacións que achega de xeito especial a frescura do pexego.
Contén teína. Repouso 3 min
TÉ VERDE
Sencha
Un suave e delicado té verde feito co método tradicional xaponés que realza a súa calidade e os seus beneficios para a saúde.
Contén teína. Repouso 3 min
TÉ NEGRO
Té Ceilán con canela
Puro té negro de Ceilán, procedente do mundialmente coñecido distrito de Dimbula, Sri Lanka, mesturado con auténtica canela de Ceilán para ofrecerlle un apaixonante té cheo de poderosos antioxidantes.
Contén teína. Repouso 4-5 min
Té Earl Grey
O té negro Earl Grey está aromatizado con aceite de bergamota natural. Exquisito para gozar a calquera hora do día, só ou con leite.
Contén teína. Repouso 4-5 min
Té Darjelling
Excepcional té negro da rexión india de Darjeeling. Moi valorado polo seu delicado sabor e características.
Contén teína. Repouso 4-5 min
INFUSIÓNS PREMIUM
1.80 € +0.20 (restaurante/terraza)
FROITAS DO PACÍFICO
Unha apaixonante mestura de froitas. O ananás proporciona un sabor distinto que sumado ao mango resulta sublime. Esta marabillosa infusión pode ser bebida quente ou fría.
Libre de teína. Repouso 5 min
ROOIBOS VAINILLA
Cultivado en Sudáfrica, o sabor desta atractiva bebida redondéase grazas á canela natural e ao extracto de vainilla. O rooibos é puro e natural, non contén teína nin colorantes ou conservantes.
Libre de teína. Repouso 5 -7 min
MACELA HERBA LIMÓN
As flores de macela son ricas en flavonoides e compostos aromáticos que, mesturados con herba limón cultivada no trópico, ofrecen unha bebida que mellora o apetito e axuda ao proceso dixestivo.
Libre de teína. Repouso 5 min
MENTA POEXO
De aroma intenso, penetrante e sabor fresco, a menta poexo é unha planta que se estende por todo o Mediterráneo e é unha das máis empregadas en forma de infusión, xa que ten propiedades dixestivas.
Libre de teína. Repouso 5 min
FROITOS VERMELLOS
Unha infusión de delicioso sabor que combina hibisco, silva macho, mazá, regalicia, granada, framboesa e grosella negra.
Libre de teína. Repouso 5 min